<< Anterior   Seguinte >>

27-Abril-2006.

A Diputación de Pontevedra aprobou a solicitude da medalla de ouro a título póstumo para o Gaiteiro de Soutelo e os seus hirmáns pola súa aportación ó mundo da gaita e á súa internacionalización. hai que recordar que a banda paseou con enorme éxito as súas interpretacións por America e Europa.  (A Voz de Galicia)

23-Abril-2006.

Catro cociñeiros especializados abriron cos seus pratos a primeira festa do xavarín en Cerdedo, dentro dunha xornada gastronómica previa á festa. Asistiron máis dun cento de visitantes.  (A Voz de Galicia)

26-Abril-2006.

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, prometeu o seu apoio á residencia de maiores que o alcalde de Forcarei quere levantar nesta vila, nun solar doado con este proposito polo que foi alcalde Francisco Filgueiras Gulías. (A Voz de Galicia)

10-Abril-2006.

Cinco euros costará o menú e só un a ración  na Primeira Festa do Xabarín, que terá lugar os vindeiros días vintenove e trinta deste mes en Cerdedo. Os mellores restauradores de Galicia daranse cita nesta vila para a prepación dos pratos. (A Voz de Galicia)

13-Abril-2006.

Por fin, o Concello de Cerdedo recibeu do Ministerio de Fomento os tramos non utilizados da N-541 que pasan a ser vías urbanas. Entre eles están os de Pedre, Folgoso, case dous kilómetros entre Cerdedo e Pedre, que comunican o lugar de Vichocuntín, e outros. Coa concesión ven tamén 883.000 euros para a súa adecuación. Tmén este concello está pendente das modificacións necesarias ó PXOM, que se tratarán nos vindeiros días.  (A Voz de Galicia)

4-Abril-2006.

Unha chispa causou unha seria avaría nos ordenadores do Concello de Cerdedo. Aínda que xa están en funcionamento, descoñecese os danos que poideran ter algúns arquivos afectados.  (A Voz de Galicia)

5-Abril-2006.

Políticos, empresarios, intelectuais e artistas viaxan este mes a Niteroi (Brasil) onde ten lugar un encontro cultural. Neste, que ten como protagonista España, ten participación os concellos do interior e, na súa representación elexiron Forcarei pola importante emigración que tivo lugar cari o Brasil. Contarase cunha exposición de pintura de Xosé María Barreiro e proxectarase Sempre Xonxa e Mamasunción, de Chano Piñeiro.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>