<< Anterior   Seguinte >>

25-Abril-2005.

A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia vai acondicionar as rutas sendeiristas das Pontes do Lérez, entre os concellos Cerdedo e Forcarei, e a que vai de Aciveiro ó alto de Candán. (A Voz de Galicia)

29-Abril-2005.

O Concelo de Forcarei cederá uns terreos perto da piscina e as casas sociais para a construcción dun novo consultorio médico en Soutelo. O actual quedouse vello e será a Consellería de Sanidade a que poña os cartos para o proxecto. Tamén se vai modificar o plantexamento urbanístico ó arredor dos polígonos de A Freixeira e de Vilapouca para permitir a súa ampliación.

 

25-Abril-2005.

O albergue de Sabucedo ten cubertas un 80% das prazas para o vindeiro verán. A primeiros de xullo e os días da Rapa das Bestas hai moito tempo que está todo ocupado. Os visitantes son, na sús maioría cataláns, vascos ou madrileños que viaxan en familia e desprázanse desde aquí por toda Galicia. No inverno, con ocupación escasa, a maioría dos clientes son grupos galegos que se xuntan para algunha actividade que esixe recollemento.  (A Voz de Galicia)

25-Abril-2005.

Os concellos da comarca celebarán o día do libro con distintos actos. En Forcarei hai unha exposición no instituto Chano Piñeiro de libros antigos e especiales. En Cerdedo hai actuacións culturais e inaugúrase o novo telecentro desde onde os cerdedenses poderán conectarse a internet de xeito gratuito. (A Voz de Galicia)

 

18-Abril-2005.

A Asociación de comerciantes de Forcarei logrou, por fin, renovar os cargos da directiva, coa incorporación de tres novos membros, un dos cales (J.M. Mariño) será o novo presidente. Tamén a Sociedade de Caza e Pesca pasa polos mismos apuros e verá hoxe a súa renovación. (A Voz de Galicia)

20-Abril-2005.

Os comuneiros de montes de Outeiro-Quintas (Folgoso) reuníronse co alcalde para ver como tratar a posibilidade de cesión dos terreos (200.000 metros cadrados) para o futuro polígono industrial a levantar conxuntamente co concello de Forcarei. O Alcalde quere que sexa unha expropiación amistosa con contraprestacións para a zona. As posturas parecen favorables a esta cesión.  (A Voz  de Galicia)

8-Abril-2005.

O Colectivo "Rapa das Bestas" pretende que os 18.000 euros que ten de presuposto o Concello de A Estrada para a festa deste ano sexan investidos en mercar materiais para unha alambrada da estrada entre o lugar de Barro (Codeseda) e o alto de A Portela. Serían catro quilómetros a levantar e dos traballos encargaríanse os membros do colectivo co obxecto de abarcar máis terreo cos mesmos cartos. (A Voz de Galicia)

12-Abril-2005.

O vindeiro xoves firmarase un acordo entre o Concello de Forcarei e a Consellería de Cultura para a construcción dun edificio multiusos en Soutelo. Estará situado frente ás casas sociais e conta con unha axuda de Cultura de 240.000 euros, a repartir entre tres anos. Como non é bastante deberase chegar a outros acordos para completar perto dun millón de euros que pode costar a obra. O alcalde de Cerdedo anda tamén acadando o apoio das institucións para un proxecto semellanta. (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>