<< Anterior   Seguinte >>

30-Abril-2004.

Un descoñecido, veciño de Soutelo ou arredores foi premiado con 205.000 euros (perto de trintecinco millóns de pesetas)  no sorteo da bonoloto deste fin de semán. (A Voz de Galicia)

28-Abril-2004.

A corporación de Forcarei acordou nomear avogado e defender os seus lindes no conflicto dos veciños de Trasdomonte cos da Parroquia de Zobra (Lalín) por unhas trescentas hectareas de monte. Deste contencioso xa se informou dabondo nestas mesmas páxinas.  (A Voz de Galicia)

29-Abril-2004.

Máis de 300 expedientes para a regulación de estabulos de gando tense recibido no Concello de Forcarei. Como é sabido, estase a tramitar estas regulacións á Xunta para cumplir coa actual lei. Así mesmo, entre o 3 e o 24 do vindeiro mes de maio organizarase un curso de agricultura ecolóxica neste concello.  (A Voz de Galicia)

21-Abril-2004.

A Consellería de Política Territorial acaba de sacar a concurso a redacción da mellora do vial Cachafeiro-Soutelo por 77.000 euros. O valor total da obra pode chegar ós 2,5 millóns de euros (A Voz de Galicia)

21-Abril-2004.

O Concello de Cerdedo acaba de recibir a confirmación do obradoiro de emprego para a localidade. Son 36 prazas de canteiros, albaneles e traballadores forestais, máis que todo-los parados existentes nestes intres nas localidades do concello. O orzamento e de 596.000 euros e o soldo mensual de cada traballador estará por encima dos 750 euros.  (A Voz de Galicia)

20-Abril-2004.

Naceu en Cerdedo a "Asociación de Mulleres Rurais de Cerdedo" con perto de setenta mulleres do concello. Entre o seu obxetivo está a organización de cursos, recuperación de festas populares (a de San Antón será a primeira) e outras actividades de orixen cultural.  (A Voz de Galicia)

 

21-Abril-2004.

A Diputación Xeral de Pontevedra acaba de editar o libro "Etnoarqueología de la Emigración. El fin del mundo preindustrial en Terra de Montes" do historiador e arqueologo Alfredo González Ruibal, xerente do Centro Etnográfico de Soutelo.  (A Voz de Galicia)

 

19-Abril-2004.

Estase a desenrolar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Cerdedo, como xa se fixo antes en Forcarei. Os tres grupos políticos representados no concello chegaron a un acordo en canto ás liñas xerais referentes a edificabilidade nas aldeas.  (A Voz de Galicia)

19-Abril-2004.

Por primeira vez, o mapa do tren de alta velocidade inclúe o seu paso por Cerdedo en lugar do que se baraxaba pola veira do Miño. Esta modificación deixa dentro da misma liña as cidades de Pontevedra, Vigo e Oporto en lugar de ter que cambiar en Redondela como se viña facendo na actualidade e como estaba previsto na outra solución.  (A Voz de Galicia)

 

<< Anterior   Seguinte >>