<< Anterior   Seguinte >>

27-Abril-2003.

Ana Doval Fraíz de 26 anos e veciña de Soutelo será a candidata do PSOE ó concello de Forcarei. Na lista prima a xuventude, aínda que nela está Manuel Correa, con 86 anos, e unha importante experiencia no concello.  (Faro de Vigo) 

27-Abril-2003.

O Cocello da Estrada anuncia un plan de desenrolo turístico e de infrestructuras para Sabucedo, onde se proxecta a recuperación de  carballeiras, sendeiros e muiños. Tamén se estudiou a promoción da festa, que comenzará o vindeiro catro de Xullo. Tamén se acordou marcar o gando do "Santo" mediante microchips e hidróxeno líquido (Faro de Vigo)

21-Abril-2003.

No lugar de Chamosa (Forcarei), unha vaca pareu tres terneiros nun só parto. A "Pinta" e máis os seus retoños están ben. O curioso é que a vaca xa tivo xemelgos o ano pasado, pero poucas veces ten ocurrido un parto de tres, e moito menos esperando o fin dos nove meses de preñez.  (Faro de Vigo)

23-Abril-2003.

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia comprometeuse a financiar a excavación do Castro de Loureiro, o máis importante dos nove que se atopan no concello de Forcarei. (A Voz de Galicia)

8-Abril-2003.

O Centro Etnográfico de Soutelo de Montes (CETMO) emprende melloras para adecuarse á lexislación e lograr o título de colección visitable. Seguirán instruccións dos técnicos do Museo do Pobo Galego, cambiando o teito e a porta de entrada e retirando pezas dos pasillos. O taller será trasladado fora do recinto para deixar lugar a estas pezas.  (A Voz de Galicia)

8-Abril-2003.

Un sinistro causado por un cabalo na estrada Forcarei-A Estrada volve a actualizar a solicitude de vallado deste vial entre Codeseda e Forcarei. Por outra banda, un periodista español residente no Xapón anda a facer unha reportaxe sobre a rapa, e posiblemente unha televisión despe país achéguese hasta Sabucedo estas festas.  (Faro de Vigo)

7-Abril-2003.

O PP de Forcarei presenta as listas electorais para as vindeiras eleccións municipais. Repiten a maior parte dos ediles desta lexislatura. En Cerdedo, mentras tanto, renóvase a lista case na súa totalidade. O censo de Forcarei recolle 235 votantes na mesa de Vilar, 363 na de Millerada, 442 na de Presqueiras, 224 na de Pardesoa, 581 na de Soutelo, 212 na de Pereira, 356 en Dúas Igrexas, 248 na de Meavía, 226 en Quintillán, 252 en Aciveiro e 851 en Forcarei.  (A Voz de Galicia)

 

7-Abril-2003.

Fraga, presidente da Xunta de Galicia, confirmou que entregará persoalmente as vivendas sociais de Soutelo, seguramente o día 16 deste mes. A firma das escrituras está fixada para este día 8.  (A Voz de Galicia)

 

1-Abril-2003.

A asociación "Rapa das Bestas" está a construir no monte da parroquia unha cerca para os cabalos do santo máis dificiles de controlar. O contorno do cercado será de perto de cinco kilómetros.  (A Voz de Galicia)

7-Abril-2003.

Mari Carmen Fortes será a candidata do PSOE ó Concello de Cerdedo, dentro dunha lista totalmente renovada, na que case ninguén participou nas derradeiras eleccións.  Polo BNG serán os mesmos da anterior lexislatura: Isidro Peleteiro e Dionisio Pereira (A Voz de Galicia)

 

<< Anterior   Seguinte >>