<< Anterior   Seguinte >>

28-Abril-2002.

Vaise levar a termo un plan piloto para a identificación do gando mostrenco no concello de Cerdedo. Pénsase que pacen nestes montes arredor de 2.000 vacas e cabalos mentras que o ideal serían só uns 800.  (A Voz de Galicia)

24-Abril-2002.

Parece que o goberno do Concello de Cerdedo recupera a tranquilidade despois duha entrevista entre o alcalde e os ediles que se opuxeron ós presupostos presentados por este. Por contra confírmase que non se construirá a residencia para os vellos nos próximos anos según confirmou a conselleira de Asuntos Sociais.  (Faro de Vigo)

28-Abril-2002.

Segundo Instituto Galego de Estadística, A Comarca de Tabeirós-Terra de Montes é a mellor dotada sanitariamente de todo Galicia, con 7 médicos e 8,7 enfermeiros por cada 10.000 habitantes. O único comentario debe ser que non hai máis que unha boa estadística para demostrar calquer cousa, porque ninguén debe esquecer a dispersión da poboación da bisbarra, onde atender a un enfermo na súa casa pode levar horas, mentras nunha cidade faise en minutos.  (Faro de Vigo)

18-Abril-2002.

O Alcalde de Lalín, Xosé Crespo, acaba de lanzar unha proposta cando menos polémica: A xuntanza de todo-los concellos de Deza nun só coa capital en Lalín, e onde os outros funcionarían como os actuais distritos das grandes cidades. A exportación desta proposta a Tabeirós-Terra de Montes é recollida de forma moi diferente. Mentras desde Forcarei e Cerdedo se ve con bos ollos, desde A Estrada rexeitase por complexa. En calquer caso veríase sempre mellos a xuntanza co veciño natural, Beariz, que coa cabeceira actual da comarca.  (A Voz de Galicia)

15-Abril-2002.

Soutelo sigue a ser a localidade con máis poboación do Concello de Forcarei con 434 habitantes segundo censo que se remata este ano. A capital, Forcarei, ten 413 pero con unha poboación lixeiramente máis xoven e, curiosamente, con máis homes que mulleres. Forcarei é o concello que menos poboación perde da Terra de Montes.  (Faro de Vigo)

17-Abril-2002.

Os veciños de Soutelo amosan a súa preocupación pola cantidade de auga que consumirá o novo polígono industrial de Vilapouca. Pídenlle o Concello que proxecte unha nova estación de bombeo e un novo deposito para este polígono, tendo en conta que a traida actual xa se mostra escasa e ten que dar servicio ás novas familias das vivendas sociais.  (A Voz de Galicia)

15-Abril-2002.

A Mancomunidade de Municipios do Carballiño, na que se encontra Beariz ten firmado un convenio coa Diputación de Ourense para a construcción dunha microplanta de tratamento de lixo e residuos urbáns. A Mnacomunidade aporta os terreos e o 10% do custo, e a Diputación porá o resto. A explotación correrá a cargo da mancomunidade. (A Voz de Galicia)

15-Abril-2002.

"Verbo Xido" arranca o seu "Ano de Sarmiento" con unha conferencia do profesor Carlos Solla que se celebrará na casa da cultura sobre a relación entre Frai Martiño e Cerdedo onde cada asistente recivirá un libro coa biografía deste personaxe.Tamén está prevista unha ruta que foi deseñada polo propio Sarmiento, e que chega hasta o Pazo de Raposeiras, onde naceu seu pai e onde pasou algúns dos seus vrans.  (A Voz de Galicia)

5-Abril-2002.

A explotación do Albergue e o Centro Hípico de Sabucedo sai a concurso, con unhas tasas simbólicas de só 1.081 euros en cada un dos dous primeiros anos. Varias empresas xa se interesaron pola xestión e tamén os propios veciños de Sabucedo, aínda que non será facil que esté en funcionamento para esta Rapa das Bestas deste ano.  (A Voz de Galicia)

15-Abril-2002.

A mellora da estrada C-541 entre Forcarei e Soutelo será a seguinte obra a levar a cabo pola Consellería de Ordenación do Territorio na Terra de Montes unha vez rematada a PO-200 que comunica con Deza. Antes, o Concello de Forcarei debe decidir o trazado da variante o seu paso pola vila. (A Voz de Galicia)  

 

10-Abril-2002.

A edil do P.S.O.E. de Cerdedo, Cristina Otero, que votou a favor dos presupostos presentados polo alcalde do P.P. J. Caramés cando unha parte deste partido os rexeitou, comenta que xa presentou varias veces a súa dimisión ó partido, sin que ninguén se interesara por ela e que xa pensa rematar a lexislatura. Na executiva provincial afirman que a súa postura pode ser tida en conta e pensan en darlle un maior empuxe hasta as próximas eleccións pero que debe acatar a disciplina do partido polo que foi elexida. (A Voz de Galicia)

 11-Abril-2002.

O Conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuiña, afirma que os traballos de acondicionamento da estrada PO-200 entre Cachafeiro e Aciveiro estrán rematados nun ano. As obras están adxudicadas á empresa Taboada e Ramos nuns tres millóns de euros e comenzarán de inmediato. O tramo entre Aciveiro e Laro xa está rematado e unha vez que se realice o novo teremos unha importante vía de comunicación entre Deza e Terra de Montes  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>