Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas

<< Anterior   Seguinte >>

22-Abril-2001.

O Safari-Park da Terra de Montes pode acabar en Lisboa. Si os socios da mancomunidade de Cerdedo (Outeiro-Quintas) non se deciden deseguida, o propietario ameaza con construir a reserva en Portugal alegando "Falta de interese".

19-Abril-2001.

O Obradoiro de emprego de Forcarei pensa crear 36 postos de traballo no concello. Continuará coa labor iniciada pola ecola taller que funcionou en Aciveiro e será posto en marcha despois do verán.

 

19-Abril-2001.

Apróbase o presuposto de Forcarei, con 404 millóns de pesetas contra os 435 do ano pasado. Delas 130 serán para investimentos e 120 para persoal.

16-Abril-2001.

A mancomunidade de concellos do carballiño, entidade que preside Manuel Prado, alcalde de Beariz, estudia deixar de prestar algúns servicios nos concellos morosos xa que só O irixo, Maside e Beariz están o  día nas contas. 

12-Abril-2001.

O presuposto dos concellos de Cerdedo e Forcarei para este ano aínda están sin aprobar. Non coñecen canto ingresarán de axuda polo temporal do inverno nin os soldos dos funcionarios.  Forcarei ten tamén sin aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).  (Faro de Vigo)

12-Abril-2001.

O Venres e Sabado santos terán lugar no pavillón de Soutelo diversas actividades encamiñadas a que os nenos da vila poidan divertirse coma os da capital. Terán torneos de futbolín, ping pong, parchís, damas, etc. Para participar só hai que pasar por alí e apuntarse.  (Faro de Vigo)

7-Abril-2001.

A Xunta de Galicia acaba de emitir un informe medioambiental en contra da minicentral de Esbarrela, a construir entre os concellos de Cerdedo e Forcarei. As causas son bastantes cotundentes, posto que a central queda a menos de cincocentos metros doutra sita en Folgoso, que aporveita o caudal do río do Castro. A Central de Esbarrela recollía caudal deste río e do de Ventoxo. Dase a circunstancia de que aínda que Cerdedo está rodeado de minicentrales e no seu monte está un dos parques eólicos máis importantes de Galicia, os seus lugares siguen con fallas de suministro, e variacións de tensión no sumunistro electrico. (A Voz de Galicia)

7-Abril-2001.

O alcalde de Cerdedo, X. Caramés, estudia a creación dun pequeno polígono industrial no concello. Para eso acaba de encargar a Xestur estudiar cal sería a millor ubicación. (A Voz de Galicia)
4-Abril-2001.

O Concello de Forcarei gastará catro millóns de pesetas para a señalización no concello. Afectará os edificios públicos, centros de saúde, etc.  (A Voz de Galicia)

4-Abril-2001.

O Plan Infoga, encargado da loita contra dos incendios forestais, abarca dentra da súa zona especial a serra do Candán e os seus arredores. A policía Autonómica vixiará exahustivamente esta bisbarra para que o lume, que estragou nos derradeiros anos a nosa terra, non siga a facelo.  (A Voz de Galicia)

2-Abril-2001.

Os investimentos do  Concello de Beariz para este ano centraranse na súa maior parte na construcción da residencia de maiores e nas reformas do cuartel da Garda Civil.   (A Voz de Galicia)

2-Abril-2001.

O Concello de Forcarei quere dedicar o Obradoiro de Emprego a seguir restaurando o mosteiro de Aciveiro así como as vivendas dos maestros, hoxe en desuso, que servirán como sedes de asociacións do municipio.  (A Voz de Galicia)

<< Anterior   Seguinte >>