Portada Quen Somos Agradecementos Colabore con Nós Últimas Novas

<< Anterior   Seguinte >>

8-Abril-2002.

Hasta sete empresas solicitaron unha parcela no novo polígono indistrial de Vilapouca. A máis importante delas é "Vitrogal", que pensa establecerse con unha fábrica de vidro que aportará á bisbarra un importante número de postos de traballo.  (A Voz de Galicia)

8-Abril-2002.

O filme "El bosque animado" acaparou os premios do audiovisual galego, que desde este ano levan o nome de Chano Piñeiro, cineasta de Forcarei. Esta pelicula de debuxos, feita enteiramente en Galicia, con tecnoloxía propia, foi un exito sin precedentes no noso cine chegando a ser unha das dez máis vistas en España neste ano.  (A Voz de Galicia)

8-Abril-2002.

O pleno para aprobar os presupostos do concello de Cerdedo abreu unha importante crisis no grupo de goberno. Hasta tres membros do P.P. votaron en contra dos presupostos presentados polo seu alcalde X. L. Jorge Caramés. A razón estriba en que pensan que non foron invitados a participar na súa elaboración.  (A Voz de Galicia)

5-Abril-2002.

O Concello de Forcarei celebra no día de hoxe os examenes para cubrir cinco prazas na súa plantilla. Entre outras hai un asistente social e un xefe de proteción civil.  (A Voz de Galicia) 

5-Abril-2002.

Os veciños de Soutelo non chegaron a un acordo co seu concello e, polo tanto, a estrada Soutelo-Ratel vai quedar sin desanchar na entrada a esta vila. Non será así no resto do trazado, onde si pasará a ter sete metros.  (A Voz de galicia)

<< Anterior   Seguinte >>