A igrexa parroquial de Ventoxo.  (Foto: Guía Turística)Malia ser a parroquia máis pequenas e con menos entidades de poboación do concello (só conta cos lugares de Ventoxo e Fontela). San Nicolás de Ventoxo conta cunha igrexa parroquial construída no seculo XVII,   A fachada do templo está rematada por unha espadaña típica das igrexas da terra, a cal lle outorga ó conxunto un estilo e unha beleza notable.

O Cruceiro parroquial data do século XVIII, e ten un cristo de estilo románico cun freire abrazado ás súas pernas e unha imáxe da virxe polo outro lado.

Nas súas terras estaba proxectada a Reserva natural "Terra de Montes", que desgraciadamente parece non levarse a remate.

 

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es