Verde, auga, ríos, fontes. Esta pode ser unha ollada con presa a paisaxe da Terra de Montes. Pero amáis deso hai outras cousas. Hai verdadeiras obras de arte en pedra, e en cada aldea hai unha igrexa, un recordo da súa historia, unha paisaxe que a fai distinta das outras.

Pero o turista que ven a Terra de Montes ofréceselle máis que natureza e a tranquilidade. Ofrecese unha boa gastronomía propia (carne richada, galiña con sal, etc.) e un paisaxe único, descoñecido e moi interesante. A lagoa Sacra, en Forcarei (situada entre cumios a máis de 700 metros de alto, e sin ningún río que a alimente), o mosteiro de Aciveiro, as pontes sobre o Lérez, entre as que destacan as de Andón, a de Gomaíl e a de Parada, igrexas, cruceiros, hórreos, etc. Pero sobre todo esta é unha Terra de canteiros, e as obras anónimas abundan o longo da súa xeografía.

Paisaje en Trasdomonte, ceca de Ameixeiras.  (Foto: Manuel Cerdeira)

Moitas romarías relixiosas (A virxe en Aciveiro, Beariz e Forcarei, San Roque en Soutelo, San Benito en Pardesoa, San Xoan e San Pedro en Cerdedo, Etc.) ou profanas, (Festa do Gaiteiro en Soutelo, a da Vincha en Cerdedo, a da richada en Forcarei, a do salmón, e outras) fan do vran da Terra de Montes unha opción divertida para moita xente.A rapa das bestas en Sabucedo.  (Foto: Guía Turística)

Mención aparte merece a Rapa das bestas en Sabucedo, un pobo do concello da Estrada, nos lindes con Cerdedo e Forcarei que sempre se considerou parte da Terra de Montes. Trátase dun espectáculo con máis de 5 séculos de tradición, onde cada primeiro domingo de Xullo e o longo de tres días, os homes do lugar, co a axuda do patrón San Lourenzo, buscan, acurran e rapan as bestas salvaxes que viven no monte. Son cabalos particulares ou do santo, doados a él según conta a tradición por unhas vellas que lle ofreceron unha parella destes animais si se libraban de coller a peste que matou moita xente na parroquia. Libráronse e a parella de cabalos son hoxe unha cantidade importante. Algún ano chegaronse a marcar hasta 900 cabalos, agora co ferro "Cabalo galego de monte" patrocinado po-la consellería de agricultura. A festa está decrarada de interese turístico dende 1964, e no ano 1997 inaugurouse un novo curro no lugar co a idéa de dar acougo os visitantes que acuden cada vez en máis cantidade.

A lagoa Sacra, entre Forcarei e A Estrada.  (Foto: Guía Turística)A natureza é dondia nesta terra, pódense topar moitos recunchos onde ver correr a auga dos ríos sentado a veira dun muíño, ou ver paisaxes impoñentes e solitarios. A pesca e a caza son a mellor e cada vez máis usada disculpa para coñecelos.

 

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es