Soutelo de Montes está considerado como a capital da Terra de Montes. A súa situación no centro da bisbarra, as comunicacións máis fáciles, o toparse na estrada entre Ourense a Pontevedra, e un importante comercio otórganlle este título oficioso.

A igrexa parroquial vista dende o parque de Venezuela, en Soutelo.  (Foto: Manuel Cerdeira)

Soutelo é parada obrigada dos viaxeiros de Ourense cando van camiño das praias de Sanxenxo, A Toxa, Marín, etc. A súa situación, na metade deste viaxe, o Pan de Soutelo, famoso en boa parte de Galicia, sobre todo ben acompañado de xamón, empanadas e viño do Ribeiro, fixeron polo coñecemento desta vila tanto como Avelino, o seu Gaiteiro tocando por medio mundo.

É unha das poboacións máis grandes da bisbarra, aínda que só ten 448 habitantes censados, mais aquí deben desprazarse a comprar, á escola, e ó médico, todo-los veciños das parroquias de Presqueiras (San Miguel e Santa Mariña), Pardesoa, Millerada, etc. polo cal foi medrando un importante comercio. A feira de Soutelo, que data de comenzos do século XVII, celébrase o derradeiro mercores de cada mes e chegou a ser unha das máis importantes de Galicia. Hoxe está en decadencia debido a que os animais deben ser vendidos en sitios adecuados (Santiago fundamentalmente), e a xente das aldeas ten máis facilidade para acercarse calquer día a comprar á capital da provincia e non espera ó día de feira."O Chalé". A casa de D. Alfredo G. Barros.  (Foto: Guía Turística)

Soutelo naceu no que hoxe se chama a Aldea de arriba, na parte alta da vila, onde se ubicou a torre-vivenda dos xuices, e que noutro tempo pertenecía a parroquia de Pardesoa. Desde alí parten as estradas que levan ós lugares de Presqueiras e a Pardesoa, a que comunica con Sanguñedo, Vilariño e Millerada, o camiño que levaba a Trasdomonte, etc. Máis abaixo, en Vilapouca, antes pertenecente á parroquia de  Ventoxo e hoxe formando case un só pobo con Soutelo, partía a que chega hasta Forcarei. O tempo foi levando ós veciños e ó comercio  o carón da estrada xeneral, no que é o Soutelo novo.

Soutelo foi en tempos a capital do concello, noutros foi sede dos Xuices-Meriños, mentras que máis recentemente nin siquera era parroquia, pois esta correspondía a pequena aldea da Madalena, distante apenas medio Kilómetro, onde se atopaba a igrexa vella. A nova, que aparece nunha fotografía anterior, foi levantada a primeiros dos sesenta gracias a D. Alfredo Gonzalez Barros (un dos homes máis coñecidos da vila), que pagou a maior parte dela e encargouse da súa construcción.Busto de D. Alfredo G. Barros erguido no adro da igrexa que el memo edificou.  (Foto: Manuel Cerdeira) En moitos lugares tamén se lle atrubui, de forma errónea, a este arquitecto o "Chalé" modernista que foi a súa vivenda hasta hai poucos anos. Este é obra de seu hirmán Manuel, a quen lle foi embargado por unha debeda, e el recuperouna para a familia.

Hoxe, Soutelo tenta reverdecer a súa actividade como centro económico e social da bisbarra, e para eso deséñase un polígono industrial perto de Vilapouca, aparecen hoteis e casas rurais ou promocionanse festas coma a do Gaiteiro, na honra de Avelino e os seus hirmáns, ou feiras como a do cogumelo.

Soutelo é berce de moitos dos persoeiros que aparecen nestas páxinas, pero sen dubida foi Avelino, O gaiteiro, o que lle dou sona máis alá das nosas fronteiras. Tal é así que en Soutelo celebrase no mes de Agosto a festa do gaiteiro como homaxe a él. Xa se citou tamén a D. Alfredo, a quen se lle adicou o busto que aquí aparece como benefactor da parroquia, e Virxilio Vieitez, de quen se fala noutra páxina.

 

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es