Detalle da igrexa parroquial de San Miguel de Presqueiras.  (Foto: Guía Turística)Parroquia que alberga un dos sinais de identidade máis importantes da Terra de Montes: os restos da torre-fortaleza de Montes, residencia dos Xuíces-Meiriños e centro administrativo da comarca ata que foi derrubada cando a revolta irmandiña, aló polo ano 1476. Hoxe só fican os restos dos muros. Tamén se conservan restos arqueolóxicos no Outeiro da Cuspe e na rocha do Sarillo, onde se pode apreciar un deseño cruciforme semellante a outros da zona.

A imaxe desta páxina corresponde a un detalle da Capela de Nosa Señora do Castro (Século XVII), de fachada barroca rematada cunha espadaña.

Mesta freguesía naceu Virxilio Blanco, coñecido pintor e cofundador da revista alborear alá polos anos trinta.

 

 

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es