A parroquia de San Estebo de Pedre está formada polos lugares de Pedre, Serrapio e Vichocuntín, aldea esta última sempre amenazada de dasaparición polo proxectado e nunca construído encoro no Lérez.

Pedre ten fama polos seus hórreos, oito dos cales están sitos na "Eira Grande", dentro do mesmo pobo, e onde tamén está a igrexa parroquial, construcción anterior o século XVII que garda no seu interior relieves dos séculos XV e XVI. Este conxunto rematado con cruceiros de recente construcción mostra unha beleza incomparable.

Ponte de Pedre, no Serrapio.  (Foto: Guía Turística)

Tamén é coñecida a "Casa Grande", edificación do ano 1600, e a ponte romana de tres arcos que atravesa o Lérez.

Vía Crucis no Serrapio, na parroquia de Pedre.  (Foto: Guía Turística)

No lugar do Serrapio hai unha capela do século XVIII dedicada a San Lourenzo con varios cruceiros perto dela, formando un "Vía Crucis", tal como se pode ver na derradeira imaxe.

 

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es