Praza e igrexa de Forcarei, do seculo XVIII, co cruceiro obra de Xosé Ferreiro na entrada.  (Foto: Manuel Cerdeira) A importancia maior da parroquia de Forcarei débese ó feito de ser a capital do concello e ter nela unha das dúas poboacións máis importantes do mesmo.

Mais hai moitos outros detalles que fan de Forcarei unha das parroquias máis dignas de ver de todo o municipio. A súa igrexa, do século XVIII, co cruceiro, feito polo mesmo canteiro que labrou o do mosteiro de Aciveiro (Xosé Ferreiro), e toda a praza que os rodea, forman un conxunto que ben merece unha visita, e contrastan co estilo vangardista do edificio do concello que esta arrimado a eles.

A parroquia de Forcarei é atravesada polo río Lérez, e nela atópase unha das pontes máis bonitas que o cruzan: a ponte de Gomaíl, románica do século XV, rodeada de natureza. Tamén a Ponte Maril, preto da cal está hoxe o campamento xuvenil homónimo, no lugar de Espindo.

Praza da igrexa, en Forcarei.  (Foto: Guía Turística)Casa do concello, de estilo modernista.  (Foto: Guía Turística)tes) 

Nas imaxes pódese apreciar a fachada da igrexa, así como a casa do concello e a praza que cerran ambas, vista dende a torre, así como un detalle do cruceiro. Máis abaixo apréciase unha vista do campamento xuvenil de Ponte Maríl onde se pode disfrutar da natureza de xeito incomparable.

Campamento de Ponte Maril.  (Foto: Guía Turística)

Detalle do cruceiro da igrexa de Forcarei. É obra de Xosé Ferreiro.  (Foto: Guía Turística)

 

 

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es