Igrexa parroquial de San Xoán Bautista en Cerdedo.  (Foto: Samuel Cerdeira)A parroquia de San Xoán de Cerdedo (903 habitantes), ademais de ser a capital do concello, conta cun rico patrimonio arqueolóxico, con restos do Neolítico, dolmenes e petroglifos nas beiras do Lérez, e abundantes Castros e calzadas romanas con pontes en bo estado de conservación.

Está formada polos lugares de Barro, Arén, Carballás, Meilide, Cavenca, Lourido, Limeres, Biduido, Abelaindo, Chamadoira, Peleteiros, Cavadosa, San Bernabé, Cernados, A Revolta e a capital, Cerdedo.

O seu patrimonio artístico é tamén moi destacado. A igrexa parroquial de San Xoán Bautista, que forma parte do conxunto da praza da localidade, é de estilo neoclásico con cúpula e fachada barrocas, e data do século XVIII.  Conserva no seu interior imáxes e pasos da Semana Santa de valor incalculable, destacando deles o Ecce-Homo, de Gambino, outras de Semana Santa, de Antonio Ferreiro e así hasta 24 imaxes.

Na imaxen da dereita pódense observar as dúas torres da fachada principal xunguidas por unha balaustrada con unha imaxen de San Xoán Bautista en Pedra, e a torre do reloxo, feita en ladrillo dunha maneira ben pouco acertada. Esta torre foi derrubada o pasado mes de xuño de 2003 precisamente pola desafortunada estética.

A ponte de San Antón, do século XIII, o cruceiro e a capela do mesmo nome (século XVI) son, xunto coa "Eira da Pena" os outros conxuntos arquitectónicos máis salientables. Por encima da ponte e hasta a ermida conservase parte da primitiva vía romana.

 

Ponte de San Antón, en Cerdedo.  (Foto Guía Turística)

En Meilide viveu Frai Martín Sarmiento, e aínda se conserva o Pazo de Raposeiras, casa que foi morada da súa familia.

 

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es