O nome de Cerdedo vén, segundo Millán González, da verba cerasetum (cerdeiras), planta abundante en toda a zona. Aquí existen restos arqueolóxicos importantes das culturas Castrexa (Castro de Castrodiz)  e dos dólmenes ou mámoas. Pero o máis sobranceiro do patrimonio son as importantes obras en pedra como cruceiros, igrexas, calzadas e pontes, algunhas delas de orixe romana. Son monumentos anónimos de mestres canteiros da zona, á que por tales obras deron moita sona por todo Galicia.

Casa do concello de Cerdedo. (Foto: Samuel Cerdeira)

 Cerdedo é o concello máis cercano ó mar dos tres que forman a Terra de Montes. Esto, xunto cunha altura media moito máis pequena (360 m.) outórgalle un clima máis benigno, que permite a colleita dalgunhas froitas que en terras máis altas non poden ser plantadas.

Situado na parte meridional da Dorsal Galega, ten un territorio disposto en anfiteatro cara ó mar, cos seus maiores cumios no alto do Seixo (1024) e o outeiro do Couso. O concello está formado polas parroquias de Quireza, Tomonde, Castro, Figueroa, Pedre, Parada, Folgoso e Cerdedo

É percorrido dunha punta a outra polo Lérez, e paralelamente a el, po la estrada N-541 que permite ó viaxeiro chegar ó mar en poucos minutos: mais, non só ó mar, senón tamén á capital da provincia e a outras grandes vilas. É este un dato que ten moita importancia, pois o veciño de Cerdedo pode vivir aquí e traballar en Pontevedra, e de aí que non amose un envellecemento da poboación tan importante coma o dos outros dous concellos. Non obstante, é o concello con máis taxa de emigración. Tal é así que dende o ano 1991 ó 1996 a poboación descendeu 1017 habitantes, dos cales 885 non corresponden ó movemento vexetativo.A Eira da Pena, en Cerdedo.  (Foto: Manuel Cerdeira)

A capital, Cerdedo, ten 463 habitantes, e o concello chegaba hasta os 2771 en 1996, nunha extensión total de 80 Km cadrados.

Forma parte da Terra de Montes dende os albores do cristianismo en Galicia, e sufriu, coma os outros concellos, a obrigación do dezmo imposto por Alfonso X no ano 1255, que arruinou aínda máis unhas terras xa de por si pobres por aquel tempo.

A economía de Cerdedo está baseada na agricultura e a gandería. Millo, centeo, patacas, etc. son os productos da terra, pero son os pastos, carballeiras e sobre todo os eucaliptos os que lle dan cor á paisaxe. O leite é a fonte principal de ingresos e con él, os porcos, as ovellas e algúns cabalos forman a gandería de Cerdedo.

Dous son os persoeiros máis importantes nados no concellos de Cerdedo: Xosé Otero Espasandín e Pedro de Monteagudo.

A Escola de Parapente, en Cerdedo.  (Foto: Guía Turística)

En Cerdedo funciona unha escola municipal de Parapente, algo que casi estraña nunha terra de vella tradición como é esta. Ten a súa base no alto do Seixo, dende o que se divisa unha paisaxe realmente importante.

Outra das súas paisaxes características son os hórreos. Moi coñecidos son os de Filgueira, Cerdedo e Pedre, lugar este último onde tamén se pode admirar unha ponte de arcos axivais, presidida por un interesante cruceiro e os muiños adxacentes, que forman un fermoso conxunto en perigo de ser engulido polo encoro de Dorna. Outros importantes monumentos son: a igrexa de Santo Tomé de Quireza; a de Tomonde, de estilo románico; a de Pedre, situada nun entorno artístico de pedra, e que data do século XVII, e a ponte do Santo Antón, románica do século XIII

Cabalos ceibes nos montes de Cerdedo.  (Foto: Guía Turística) 

Ten importancia as festas do Ecce Hommo e as do San Xoan e San Pedro na capital do concello.

No lugar de Sabucedo, nos lindes co concello da Estrada, pero considerada como propia, celébrase a rapa das bestas, verdadeira mostra de romaría popular mesturada de relixión. Nesta celebración os cabalos do santo son encerrados no curro e cortadas as súas crins. Na sección "Visita Virtual" pódese ollar unha guía máis completa desta festa.

<Ver máis fotos>

 

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es