Torre da alarma de Barciela. (Foto: Guía Turística)Santa Mariña de Castrelo é, quizais, a parroquia máis rica en vestixios prehistóricos de toda a Terra de Montes. Abundantes túmulos dolménicos foron encontrados no lugar de A Mámoa, e no Campo das Antas, beireando un camiño que aínda hoxe chaman "O Vreeiro", e que foi paso dos arrieiros que levaban o viño do Riveiro a Compostela.  Tamén no lugar do Campo da Mina e en Tras da Serra apareceron este tipo de construccións.

Do século XIV, consérvase a Torre da Alarma de Barciela, situada no igrexario de Mota, que perteneceu á fortaleza do Castro de Montes, e que tiña como función chamar os fregueses ós autos de culto ou ás xuntas xerais da Terra de Montes, que se reunían no Campo da Granxa. Máis tarde tamén se utilizou, e de aí o seu nome, para avisar os veciños dos ataques dos bandidos cando as guerras carlistas.

Castrelo conta con unha igrexa parroquial do século XVI, restaurada e ampliada no ano 1752 po lo canteiro Manuel Cadavid e o carpinteiro Salvador Lorenzo, ambos da parroquia. Está rodeada polo cemiterio, no que aparecen tamén importantes obras de cantería talladas polo canteiro Manuel López Barciela ou sartegos de Francisco Villaverde.

Igrexa parroquial de Castrelo.  (Foto: Guía Turística)

As imáxes corresponden a Torre de Alarma, o cruceiro parroquial e a igrexa  antes mencionada.

 

 

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es