Situada nas beiras da serra de Candán, aínda que non ten grandes núcleos de poboación, Santa María de Aciveiro é seguramente a parroquia máis representativa da Terra de Montes. A máis rica en manifestacións artísticas, tanto na prehistoria (Mámoas de Porto Fieiro, Monte Olleiros, Porto Tixoa, A Lagoa e Campo da Serra), como na historia máis recente (O Mosteiro, berce de toda a vida comercial, agrícola e artística da bisbarra dende o século XII ata o XIX).

Vista do estado actual do mosteiro de Acibeiro. (Foto Guía Turística)

Deste Mosteiro, de estilo románico, consérvase a igrexia monacal, hoxe igrexa parroquial, coas súas tres naves, unha principal e dúas laterais que albergan capelas dedicadas a San Bernardo e San Bieito, e un retablo de cargada decoración obra de Miguel de Romay (O mesmo que realizou o de San Martín Pinario). O resto do conxunto, composto por unha planta cadrángular rodeada polas diversas estancias (apousentos, biblioteca, cociñas, hospedería, sala capitular, etc.)  está en fase de restauración, convertido en hospedería e serve de sede a escola de canteiros da bisbarra.Fachada da igrexia monacal, hoxe parroquial, do mosteiro de Acibeiro. (Foto Guia Turistica)

Aparte desta obra, que sen dúbida é a máis importante, hai outras ó longo da parroquia que dan un conxunto digno de verse: os hórreos á beira das casas de labranza, destacando un deles no lugar de Cotiño, que perteneceu o mestre canteiro Manuel López Barciela; Os cruceiros, entre os que sobresae o do mosteiro, realizado por Xosé Ferreiro, o mesmo que fixo o da praza da igrexa de Forcarei. Tamén son de salientar os restos dunha capela existente no alto do monte de Candán, que fora edificada po los monxes benedictinos no século XII, probablemente encima dos restos dunha antiga ara romana dedicada a Xupiter Candamio, de onde procedería o nome da serra.

No lugar de Andón tópase unha das máis fermosas e lendarias pontes sobre o Lérez: a ponte vella de Andón, que se mostra noutra destas páxinas.

Nesta páxina pódense ollar distintas vistas do mosteiro. Unha primeira xeral, no seu estado actual. A segunda corresponde á fachada da igrexa monacal, hoxe parroquial, que garda no seu interior un retablo de gran beleza, como se pode apreciar na fotografía que aparece ó lado.Detalle do interior da igrexa. (Foto Guía Turística)

Desde hai poucos anos funciona no que foron as dependencias do mosteiro, a "Hospedería San Gonzalo das Penas" como un "Hostal-Monumento" con tres estrelas de categoría. Este establecemento, xunto coa mellora da estrada entre Lalín e Cachafeiro que se está a levar a cabo, fan de Aciveiro un destiño de primeiro nivel para reunións de negocios e pequenos congresos.

<Ver máis fotografías>

Modificada por derradeira vez o 25/04/2014
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.es